InicioEconomíaNovas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir...

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o taboleiro e estender o firme definitivo na A-6 no viaduto de O Castro, situados na contorna das localidades de Veiga de Valcarce (León) e Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

Segundo informou o Mitma nun comunicado, para garantir a seguridade dos traballadores e os usuarios da vía, cortarán a calzada dereita da A-6 entre os quilómetros 428 e 432, e o tráfico será desviado pola calzada sentido Madrid, que habilitarán con circulación de dobre sentido.

As afectacións ao tráfico comezarán este luns ás 08:00 horas e os traballos, previsiblemente, prolongaranse durante dous meses. Así mesmo, cortarán ao tráfico o ramal de saída cara a Pedrafita do Cebreiro e N-6 da ligazón do quilómetro 431. Os condutores porán realizar antes esta saída no bypass coa N-6, no km 428. Para a disposición desta saída provisional, será necesario cortar o tráfico da N-6 en sentido Madrid desde a glorieta da ligazón do km 431.

Todos os desvíos estarán convenientemente sinalizados, mentres que os transportes especiais poderán seguir circulando en xanelas nocturnas habilitadas para o efecto.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...