InicioSucesosExcarcerado un condutor tras saír da vía co seu vehículo en Begonte

Excarcerado un condutor tras saír da vía co seu vehículo en Begonte

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor tivo que se excarcerado tras saír da vía co seu turismo na LU-541, ao seu paso polo municipio lucense de Begonte. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos antes das 01.00 horas deste domingo e foi un particular o que deu a voz de alarma e detallou que o vehículo dese varias voltas de campá.

A central de emerxencias solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil. Os efectivos de bombeiros liberaron ao ferido, único ocupante do vehículo, e, posteriormente, foi trasladado polos profesionais sanitarios.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...