InicioPolíticaO PP de Lugo apunta 21 reclamacións á Deputación polo mal estado...

O PP de Lugo apunta 21 reclamacións á Deputación polo mal estado da rede viaria provincial

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, sinalou que estas reclamacións se produciron en concellos de toda a provincia, pero destacou principalmente as realizadas no Corgo, Xermade, Pantón, Castro de Rei, Friol, Guitiriz e Cospeito

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 21 persoas presentaron unha reclamación na Deputación de Lugo por danos producidos nos seus vehículos en diferentes puntos da rede viaria provincial, segundo asegurou o portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, que afirmou que estas incidencias están derivadas do “nefasto estado de conservación” destas vías.

O popular sinalou que estas reclamacións se produciron en concellos de toda a provincia, pero destacou principalmente as realizadas no Corgo, Xermade, Pantón, Castro de Rei, Friol, Guitiriz e Cospeito.

Tal e como afirmou Ameijide, “todos os lucenses que a diario” circulan polas estradas da provincia saben “que hai dous tipos de estradas que están nun estado de conservación moi malo, as que dependen do Goberno do Estado e as que dependen da Deputación de Lugo”.

Entre as diferentes denuncias, Ameijide citou a dunha veciña que sufriu un rebentón nunha roda na estrada provincial LU-P-2303 e que se produciu ao caer sobre unha fochanca que medía aproximadamente 1,10 metros de longo e 1 metro de ancho e que nese momento estaba cuberto de auga.

Un caso similar produciuse na LU-P-4113, en Pantón, cunha fochanca de 80x60cm; ou en Cospeito, na LU-P-1706 cunha focha tamén de 1 metro de ancho, 50 centímetros de ancho e 15 centímetros de profundidade, con arestas cortantes e que se atopaba sen sinalizar.

Nesta liña, Ameijide insistiu en que “PSOE e BNG teñen abandonadas por completo as estradas provinciais” e que estas son un “verdadeiro perigo para os condutores que a diario percorren a rede viaria provincial”.

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...