InicioSucesosIdentifican un condutor en Lugo por circular a 132 km/h nunha vía...

Identifican un condutor en Lugo por circular a 132 km/h nunha vía limitada a 50

A velocidade supón unha "velocidade marca" ata a data nunha vía urbana de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou a un condutor que circulaba a 132 quilómetros por hora nunha estrada limitada a 50, o que supón unha “velocidade marca” ata a data nunha vía urbana de Lugo.

Segundo informou o Concello nun comunicado, os feitos sucederon sobre as 11.00 horas deste martes cando os axentes detectaron a un vehículo que excedía “de forma desproporcionada” os límites establecidos, alcanzando case o triplo do máximo permitido.

Despois de detectar a velocidade no radar, os axentes seguiron ao vehículo co obxectivo de asegurar a súa identificación. Durante o seguimento, o condutor realizou varias manobras neglixentes e antirreglamentarias, con derrapes e xiros bruscos nas inmediacións dun establecemento de hostalaría.

Os axentes interceptaron e identificaron o condutor nunha actuación que cualificaron de “inédita” en canto á velocidade rexistrada no caso urbano en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...