InicioSucesosAparece desorientado en Monterroso o septuaxenario desaparecido en Carral

Aparece desorientado en Monterroso o septuaxenario desaparecido en Carral

A Garda Civil, que localizou a Salvador Vázquez Méndez contra as 11.00 horas do martes, agradece a colaboración cidadá

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil localizou este martes en Monterroso a Salvador Vázquez Méndez, de 74 anos de idade, desaparecido desde a tarde deste luns na localidade de Carral (A Coruña).

Un veciño contactou co Instituto Armado para avisar da presenza do septuaxenario, que apareceu preto dun cruzamento de camiños do concello da Ulloa contra as 11.00 horas deste martes.

Segundo o relato dos axentes que reflicte GaliciaConfidencial, o home vestía a mesma roupa que levaba o día anterior, cando desaparecera en Carral, e amosaba signos de desorientación. Inmediatamente, a Garda Civil avisou á familia para que se fixera cargo do seu benestar.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...