InicioSociedadeO Colexio de Médicos de Lugo pide que o persoal agredido denuncie...

O Colexio de Médicos de Lugo pide que o persoal agredido denuncie tras un incidente en Guntín

Ademais de trasladar o seu apoio aos profesionais que se enfrontan a estas situacións, condena "calquera forma de agresión contra calquera integrante do colectivo médico, ben sexa verbal, física ou psicolóxica"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Colexio de Médicos de Lugo animou ao persoal agredido a denunciar tras un incidente en Guntín, “onde un equipo do Punto de Atención Continuada foi ameazado gravemente cunha arma cando acudía a prestar asistencia a unha paciente e tamén no Hospital Universitario Lucus Augusti, onde continuaron as coaccións por parte dun familiar de dita paciente”.

Ademais de trasladar o seu apoio aos profesionais que se enfrontan a estas situacións, condena “calquera forma de agresión contra calquera integrante do colectivo médico, ben sexa verbal, física ou psicolóxica”.

“A violencia non debe ter cabida na relación médico-paciente e constitúe un grave atentado contra a seguridade de quen dedican a súa vida ao coidado da saúde dos demais”, engade.

Tamén anima a calquera profesional colexiado a denunciar este tipo de condutas ante as autoridades competentes e a comunicalo ante este Colexio “co obxectivo de erradicar a violencia no ámbito sanitario”.

“Lograr unha ‘taxa 0’ de violencia no exercicio da profesión é unha responsabilidade compartida por toda a sociedade, que indubidablemente comeza con non normalizar, en ningún caso, esta clase de situacións”, sinala nun comunicado no que pon a disposición dos afectados os seus recursos en cuestións como o asesoramento xurídico.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...