InicioSucesosDetido en Vilalba por golpear cunha botella de cristal na cabeza a...

Detido en Vilalba por golpear cunha botella de cristal na cabeza a outro home

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado día 5 de xaneiro, cando, supostamente, a persoa denunciante estaba no exterior dun establecemento de hostalaría da localidade e recibiu o impacto dunha botella de cristal na cabeza, que lle produciu un corte profundo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil detivo na localidade lucense de Vilalba a un veciño de Lugo, de 47 anos de idade, como suposto autor dun delito grave de lesións. Os feitos ocorreron na madrugada do pasado día 5 de xaneiro, cando, supostamente, a persoa denunciante estaba no exterior dun establecemento de hostalaría da localidade e recibiu o impacto dunha botella de cristal na cabeza, que lle produciu un corte profundo. A vítima foi evacuada en principio ao servizo sanitario de atención primaria, pero dadas as súas lesións foi derivado ao HULA. A persoa detida e as dilixencias policiais foron postas a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia ante Inspección a empresa onde morreu un mozo en prácticas en Vilalba

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa de...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...