InicioCulturaProgramación da fin de semana: así chegan os Reis de Oriente a...

Programación da fin de semana: así chegan os Reis de Oriente a Lugo

Toda a programación festiva de Lugo para as últimas datas do Nadal, a chegada das maxestades para recibir as peticións dos cativos e a cabalgata de reis

PUBLICADA O

- Advertisement -

A programación de Nadal de Deputación e Concello inclúe ata o día de Reis 14 actividades de balde. A campaña de animación no centro da cidade e de apoio ao comercio local rematará antes, este venres día 4, mentres que a da Rede Museística continúa ata o vindeiro día 9. Os Reis de Oriente pasan venres e sábado pola Praza de Abastos para recoller as peticións dos máis cativos.

Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán caramelos de comercio xusto a todos os nenos e nenas que se acheguen ata estas instalacións municipais a amosarlles os seus desexos. En concreto, na xornada de venres estarán de 17:30 a 19:30 horas, e o sábado, de 11:30 a 13:30 horas. 

Coa visita das Maxestades de Oriente, o Concello pecha a programación do Nadal do Mercado Municipal e da Praza de Abastos, onde tiveron lugar distintas sesións do Obradoiro para aprender a facer regalos, no que participaron máis de 100 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos ao longo da pasada e desta semana. Ademais, na Praza de Abastos habilitouse unha zona infantil, moi demandada nestas datas, coa que o Goberno deu resposta a unha demanda dos Orzamentos Participativos. 

A cabalgata

A cabalgata partirá este sábado, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas do Parque da Milagrosa. As Maxestades de Oriente, subidas en distintas carrozas inspiradas nos contos de Disney, xunto cos seus paxes, percorrerán a rúa Monte Faro, Avenida da Coruña, Porta de San Fernando, Praza de Ferrol, rúa Bolaño Rivadeneira, rúa Quiroga Ballesteros, Prazo de Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior. A comitiva estará composta por 4 carrozas.

Posteriormente, as Maxestades de Oriente saudarán aos presentes dende o balcón, e posteriormente atenderán un por un aos pequenos e pequenas que queiran transladarlles as súas peticións. Neste encontro, Melchor, Gaspar e Baltasar agasallarán aos nenos e nenas cuns 3.000 paquetes de lambetadas e repartirán máis de 2.000 quilos de caramelos.

A chegada dos Reis de Oriente estará amenizada por distintos grupos de música tradicional de Lugo, ademais dos nenos e nenas que participaron no obradoiro de panxoliñas organizado polo Concello no Vello Cárcere ao longo do Nadal. Os Festicultores pecharán esta xornada lúdica e festiva, especialmente dirixida aos cativos e cativas, na que tamén haberá animación con diversos personaxes fantásticos.

Vive o centro

– 17:00 a 20:00 horas: As personaxes de Nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.

– 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.

– 17:00 a 20:00 h: Rei Mago recibe aos nenos na carpa da Praza Maior.

– 17:00 a 20:00 h: Obradoiro de Manualidades, Imos facer aos Reis Magos, na carpa da Praza Maior.

– 17:00 a 20:00 h: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior.

Ranchos de Reis

O sábado, a escola tradicional O’Xeito fará unha representación dos Ranchos de Reis tradicionais, facendo danzas típicas de estas datas como da de Paus de Riofrio, arcos de Guláns, fitas de Pesqueiras… Será a partir das 17:00 polas rúas do centro de Lugo. Tamén participará o Ranchiño cos máis cativos da escola.

Mercado de Nadal

Instalación do Mercado de Nadal da Praza de San Marcos de Lugo | Óscar Bernárdez
Instalación do Mercado de Nadal da Praza de San Marcos de Lugo | Óscar Bernárdez

O Mercado de Nadal pechará ás súas casetas o día 5, véspera de Reis, ás 21.00 horas, non sen antes organizar unha gran xeira infantil baixo o nome Xornada de grandes xogos e outras aventuras, que se desenvolverá na Praza de San Marcos entre as 16.00 horas e as 20:00 horas.

Obradoiros do Museo Provincial

A inscrición aos obradoiros gratuítos está aberta ata esgotar as prazas, e debe formalizarse no Museo Provincial. Tamén continúa o programa Musavisitas pola Rede, que ofrece visitas guiadas gratuítas.

  • 7 de xaneiro ás 11:00 horas: Antes e despois: o noso cómic. Obradoiro dirixido a rapaces de 6 a 14 anos (Club Pequeamig@s).
  • 8 de xaneiro ás 17:00 horas: Muller do A ao Z. Obradoiro dirixido a mozos e mozas maiores de 16 anos (Club Ei!) .
  • 9 de xaneiro ás 17:00 horas: Todxs pintamos, Todxs sumamos. Obradoiro dirixido a maiores de 55 anos (Club Senior).

ÚLTIMAS

Lea pola promoción do Arde Lvcus en Fitur: o Concello de Lugo reprende á Xunta

O Concello de Lugo e o PP protagonizaron nas últimas horas unha lea pola presentación do Arde Lvcus...

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda...

Lugo roza este mércores os -10 graos

As temperaturas mínimas rozaron este mércores os 10 graos negativos nas provincias de Lugo...

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...