InicioPolíticaLugo iniciará este mércores o proceso para declarar zona verde os terreos...

Lugo iniciará este mércores o proceso para declarar zona verde os terreos do Garañón

O proxecto será aprobado en Xunta de Goberno local co obxectivo de unir estes máis de 10.000 metros cadrados ao parque Rosalía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo iniciará este mércores o proceso para que a zona do Garañón pase a ser unha gran zona verde, o que implica a modificación puntual do plan xeral de ordenación urbanística. O proxecto inclúe unha extensión total de 10.950 metros cadrados no URPI-58, nos que tamén se incluirá unha pequena extensión destinada a viarias e outra a equipamentos púbicas para subministración de auga e electricidade. Quedarán, por tanto, para zona verde un total de 8.178 metros cadrados.

Esta gran leira abarca desde a rúa Doutor García Portela ata a Avenida República Arxentina, dando continuidade ás Costas do Parque. Como explicou a alcaldesa, Paula Alvarellos, o obxectivo é “protexer este espazo e que todas e todos os lucenses poidan gozar unha área recreativa e de esparexemento en pleno corazón da trama urbana”. Recalcou que se unirá a outras zonas verdes para “mellorar a conexión das proximidades do centro histórico co entorno do río Miño a través dun corredor verde, consolidando así o modelo de cidade” que persegue o goberno local.

O proceso iníciase coa súa aprobación na xunta de goberno local deste mércores, pero xa conta coa perceptiva avaliación ambiental favorable por parte da Xunta de Galicia e, así mesmo, foi informada por diversos servizos técnicos municipais. Despois deberá ser levada a pleno e pasar polo consecuente proceso de información pública antes de entrar na última fase, que consistirá na recompilación de informes sectoriais para a súa aprobación definitiva tamén en sesión plenaria do consistorio.

As dúas torres do Garañón foron derrubadas finalmente en 2023 despois dun longo proceso xudicial que se iniciou coa protesta dos veciños da zona do parque, xa que a construción rompía a fisionomía deste barrio, situado nun balcón natural sobre o río Miño. Estas torres foron declaradas ilegais en 2011, despois de que a xuíza Pilar de Lara mandase parar a obra o ano anterior para investigar un suposto delito prevaricación urbanística que finalmente foi arquivado. O promotor da obra e o Banco Santander, o seu principal acredor, loitaron ata o último momento por dar continuidade á obra ou, no seu caso, recibir unha indemnización, sen que lograsen ningún dos dous obxectivos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...