InicioLugo e contornaLugoCandia denuncia incumprimentos financeiros, caída dos investimentos e desigualdades sociais nos orzamentos...

Candia denuncia incumprimentos financeiros, caída dos investimentos e desigualdades sociais nos orzamentos de Lugo

A portavoz popular reclama ao Goberno local unha mellor xestión e "deixar de dilapidar o diñeiro de todos"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz popular no Concello de Lugo, Elena Candia, negou que os orzamentos municipais para este ano sexan “ilusionantes, sensatos e realistas”, en referencia ás palabras coas que os definiu á alcaldesa. Por contra, afirmou que o descenso do investimento, a falta de máis partidas para o rural, os incumprimentos financeiros ou as desigualdades cos colectivos “negan estes cualificativos”.

Asegurou a concelleira popular que os orzamentos reflicten “unha xestión marcada pola improvisación, a falta de ambición e o afastamento das prioridades reais dos lucenses”. Elena Candia, que na valoración dos orzamentos estivo acompañada polos concelleiros populares da Corporación, explicou que “son unhas contas que chegan tarde e que foron pouco respectuosas co Grupo Popular, xa que os presentaron antes de facernos chegar os documentos oficiais”. Manifestou que “aínda así, seguiremos traballando de forma construtiva e presentaremos achegas para melloralos”.

Unha das primeiras críticas do grupo popular é un descenso no capítulo de investimentos, sendo “os máis baixos do últimos sete anos, marcando un retroceso en lugar dun avance”. E insiste en que son pouco realistas “xa que os informes alertan de previsións excesivamente optimistas, especialmente no ámbito da inspección tributaria, onde xa se demostraron resultados decepcionantes en 2024”, declarou.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...