InicioEconomíaA vivenda subirá máis en Lugo no primeiro trimestre, segundo a IA...

A vivenda subirá máis en Lugo no primeiro trimestre, segundo a IA de Fotocasa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Intelixencia Artificial prevé que as cidades de Santander (+6,6%), Lugo (+5,4%) e Alacante (+4,9%) rexistrarán os incrementos máis elevados no prezo da compravenda de vivenda para finais do primeiro trimestre do 2025, segundo a análise que o portal inmobiliario Fotocasa realizou coa súa nova ferramenta de medición SmartPrice, combinando Big Data e Intelixencia Artificial.

O estudo permitiu elaborar predicións para todas as grandes cidades, determinando canto vai aumentar o prezo nos próximos tres meses; así, tras Santander, Lugo e Alacante, atópanse Murcia (+4,7%), Pontevedra (+4,4%), Toledo (+4,3%) e Oviedo (+3,9%).

Así mesmo, o comportamento dos grandes mercados virá marcado por aumentos nos seus prezos algo máis moderados, en Barcelona o incremento será do 3,5%; en Madrid, do 2,5%, e en Málaga o prezo prevé baixar ata un 3,7%. Outras cidades que experimentarán, segundo a IA de Fotocasa, reducións de prezos serán Las Palmas de Gran Canaria (-3,8%), Vitoria (- 4,9%), Ávila (-6,1%), Segovia (-6,6%), e Vigo (-7,5%).

“O mercado inmobiliario en España está a vivir tempos de gran dinamismo. Nestes momentos, para todos os axentes involucrados neste sector, é máis importante que nunca poder detectar cales serán as tendencias principais que moverán o mercado, especialmente no relativo aos prezos de compra e aluguer”, declarou a portavoz de Fotocasa, María Matogueiras.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...