Home Lugo e contorna O goberno de Lugo ultima a presentación dos orzamentos para 2025

O goberno de Lugo ultima a presentación dos orzamentos para 2025

0
O goberno de Lugo ultima a presentación dos orzamentos para 2025
Reunión do membros do equipo de goberno en Lugo sobre os orzamentos municipais para este ano. CONCELLO DE LUGO

O goberno local de Lugo ultima a presentación dos orzamentos para este ano, segundo informa tras unha reunión no Consistorio por parte de membros do equipo municipal. Unha vez concluído o traballo de deseño dos distintos capítulos das partidas e definición dos proxectos a executar, ultimouse a presentación do documento para a súa posterior aprobación, informa o consistorio.

“Os orzamentos para 2025 elaboráronse de forma conxunta a través dun traballo colaborativo tanto a nivel técnico como político realmente frutífero que deu como resultado unhas contas que se adaptan á realidade do noso municipio, sinalou a alcaldesa, a socialista Paula Alvarelos.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo, destacou que “permitirán seguir avanzando na recuperación do espazo público para as persoas, no aforro enerxético e na mellora dos espazos urbanos”.

+ posts