InicioSucesosTres persoas feridas en dous accidentes rexistrados en Pol e A...

Tres persoas feridas en dous accidentes rexistrados en Pol e A Pastoriza

Tres persoas resultaron feridas en dous accidentes que se rexistraron durante a madrugada deste sábado en Pol e A Pastoriza (Lugo), nos que foi necesario o uso dos equipos de excarceración para liberar aos afectados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas en dous accidentes que se rexistraron durante a madrugada deste sábado en Pol e A Pastoriza (Lugo), nos que foi necesario o uso dos equipos de excarceración para liberar aos afectados.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o primeiro sinistro produciuse ás 5,45 horas en Pol, concretamente, no lugar de Chaín, onde un vehículo con dous ocupantes saíu da vía. Unha das persoas afectadas precisou a axuda dos servizos de emerxencia para liberar unha man que tiña atrapada debaixo do turismo.

Finalmente, ambos feridos foron evacuados nunha ambulancia das 061-Urxencias Sanitarias. Ademais do equipo médico, acudiron ao lugar do sinistro os axentes da Garda Civil, bombeiros de Vilalba e os voluntarios de Protección Civil de Pol, que axudaron a liberar ao ocupante atrapado.

Uns minutos despois, pasadas o seis da madrugada, outro vehículo sufriu un accidente na N-640, á altura do quilómetro 60, na Pastoriza.

No interior do coche, atopábase unha persona atrapada e inconsciente. Os bombeiros de Vilalba acudiron para rescatar ao ferido, que finalmente foi trasladado por un equipo médico das 061-Urxencias Sanitarias.

+ posts

ÚLTIMAS

Elena Candia busca “fórmulas legais” para incorporar á tránsfuga Reigosa no goberno local

O pleno do Concello de Lugo no que se debatirá a moción de censura...

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Vilalba reclama unha reunión coa Xunta para tratar o estado da estación de autobús

A Estación de Autobuses de Vilalba, propiedade da Xunta de Galicia, está nun estado...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...