InicioLugo e contornaLugoAtropelado un repartidor en Lugo mentres fuxía da Policía Local porque carecía...

Atropelado un repartidor en Lugo mentres fuxía da Policía Local porque carecía de seguro

Os feitos sucederon pasada a medianoite do sábado ao domingo, cando unha patrulla da Policía Local que se atopaba na zona norte da cidade detectou, nun control rutineiro, un coche que carecía de seguro obrigatorio

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou o condutor dun vehículo que atropelou a un repartidor durante a súa fuxida cando esta tentou darlle o alto, porque non contaba co seguro obrigatorio.

Os feitos sucederon pasada a medianoite do sábado ao domingo, cando unha patrulla da Policía Local que se atopaba na zona norte da cidade detectou, nun control rutineiro, un coche que carecía de seguro obrigatorio. Ao tentar darlle o alto, o condutor do vehículo iniciou a fuga entre avenida da Coruña e a rúa Manuel María cara a Mar Cantábrico a gran velocidade.

A Policía perseguiu ao fuxido, que nun momento determinado atropelou a un repartidor que ía en moto, deixándoo ferido. Ao final, o home tivo que abandonar o coche, pero seguiu a pé a súa fuxida, aínda que os axentes lograron identificalo.

O ferido, que non presenta lesións de gravidade, tivo que ser atendido no hospital e quedou en observación.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...