InicioSucesosMorre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado semiinconsciente na Praza da Liberdade. Aínda que os servizos sanitarios tentaron reanimalo, non puideron facer nada por salvarlle a vida.

De acordo co parte de incidencias da ponte que distribúe a Policía Local de Lugo, sobre as 9.45 horas do sábado a sala do 092 recibiu información sobre este home que estaba supostamente ebrio, polo que acudiu ao lugar un indicativo da Policía de Barrio.

Os axentes localizaron tendido nunha zona axardinada a este home de 37 anos de idade que estaba semiinconsciente e non respondía as preguntas que se lle formulaban. Así, os actuantes colocárono en posición de seguridade e solicitaron unha ambulancia.

O persoal sanitario chegou aos poucos minutos, momento no que o home deixou de responder a estímulos e de respirar. Aínda que realizaron as manobras de reanimación oportunas, finalmente morreu.

A Policía Local logrou localizar a un familiar, que compareceu no lugar e confirmou a identidade do falecido, tras o cal iniciáronse os trámites necesarios para o levantamento do cadáver.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...