InicioSucesosCondenado a pagar 120.000 euros por quedar durmido e atropelar un condutor...

Condenado a pagar 120.000 euros por quedar durmido e atropelar un condutor na A-6

Os feitos sucederon sobre as 20,00 horas do 5 de abril de 2019, cando o condenado circulaba polo quilómetro 541 da A-6

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo confirmou a condena imposta a un home que en 2019 atropelou a un condutor que sufrira unha avaría e a outra persoa que o auxiliaba na A-6, despois de quedar durmido polo cansazo acumulado nunha viaxe de Málaga á Coruña.

Os feitos sucederon sobre as 20,00 horas do 5 de abril de 2019, cando o condenado circulaba polo quilómetro 541 da A-6. O home realizaba unha viaxe entre Málaga e A Coruña e, como consecuencia do cansazo e de non realizar os descansos necesarios, quedou durmido.

Nese momento, arroiou a un condutor que se atopaba na beiravía dado que o seu vehículo quedouse sen combustible, así como a outra persoa que se detivo para axudalo. O procesado non se deu conta de que os atropelou, recoñece a sentenza, se non que pensou que o vehículo golpeara con algún obxecto na estrada, polo que non se detivo ata unha gasolineira 30 quilómetros máis adiante.

No fallo, a Audiencia confirma a condena por dous delitos de lesións por imprudencia, e volve descartar o de denegación de auxilio, xa que considera que o home non parou porque non foi consciente do atropelo.

O que si varía é a indemnización, que fixa en algo menos de 120.000 euros. Tamén deberá pagar unha multa e ter o carné de conducir retirado durante 24 meses.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...