A Policía Local de Lugo identificou a catro veciños dun edificio da zona norte da cidade tras unha disputa motivada por tender roupa nas escaleiras.
Segundo o relato policial, na madrugada do pasado sábado, día 26 de outubro, unha patrulla acudiu ao momento despois de que unha familia denunciase recibir ameazas doutros veciños o inmoble.
No punto, os axentes comprobaron que os denunciantes tiñan un conflito cuns veciños motivado pola coada que tiñan tendida no pasamanos da escaleira, o que, segundo a policía, “xerou unha discusión e mesmo algunha que outra agresión”.
Por iso, a Policía Local procedeu á identificación de todos os participantes, catro veciños, e a confeccionar o correspondente parte de intervención á espera da prestación das denuncias oportunas para a instrución de dilixencias e a súa remisión ao xulgado de garda.