InicioA UlloaAs pensións dos lucenses son das máis baixas do Estado

As pensións dos lucenses son das máis baixas do Estado

Un pensionista cobra 723 euros ao mes, 133 euros menos que un da Coruña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pensionistas de Lugo senguen sendo dos que menos cobran do Estado, só 723 euros, o que supón case 100 euros menos que a pensión media de Galicia e máis de 200 euros con respecto a pensión media española.

De feito, os lucenses son os que menos cobran de España e de Galicia, só superando aos pensionistas de Ourense que teñen unha pensión de 702 euros, e por debaixo da pensión media de Estremadura, que é a comunidade coa pensión mínima, de 798 euros. Por provincias, A Coruña (856’94 euros) e Pontevedra (855’21) son as que manteñen as pensións máis altas.

Con todo, as pensións galegas situáronse a día 1 de decembro nunha media de 814’09 euros, o que supón un crecemento do 3’9% en relación co mesmo mes de 2017. Aínda así, esta cantidade segue sendo a segunda máis baixa das Comunidades Autónomas, tan só por enriba de Estremadura (798’41).

Ademais, o número de pensións en Galicia ascendeu un 0’4% nun ano, ata chegar ás 764.935 (un 28’2% da poboación), segundo datos que deu a coñecer este xoves o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Traballo.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...