InicioSucesosDetido en Lugo un individuo implicado nunha pelexa, sobre o que pesaba...

Detido en Lugo un individuo implicado nunha pelexa, sobre o que pesaba unha orde xudicial

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un individuo sobre o que pesaba unha orde xudicial de procura e detención, e que foi identificado pola súa implicación nunha pelexa ocorrida nun local de lecer da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do sábado, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un establecemento de hostalaría na zona da Milagrosa, onde se estaba producindo unha pelexa. Unha vez no lugar, os axentes comproban que, no interior do local, hai dous grupos de persoas enfrontados e proceden a acougar os ánimos e a identificar a todos os implicados.

A propietaria do local explicou á Policía que uno dos identificados iniciara a rifa ao insultala, e que varios amigos seus compareceron para defendela, momento no que se produciu o tumulto. Unha vez identificadas as persoas participantes na rifa, os axentes constataron que, sobre unha delas (un dos amigos da dona do establecemento), pesaba unha reclamación de procura e detención emitida por un xulgado de Madrid, polo que se procedeu ao arresto desa persoa.

SEGURIDADE VIARIA

Por outra banda, a Policía Local de Lugo informou de dous accidentes de tráfico, nos que estiveron implicadas a condutora dun turismo e a condutora dun patinete eléctrico.

Así, na tarde do sábado, unha condutora saíuse da vía ao perder o control do seu vehículo na Rolda de Fingoi. Tras un xiro de 180 graos, o coche desprazouse cara atrás e subiuse sobre a mediana, aínda que a condutora, que deu negativo na proba de alcoholemia, non sufriu lesións.

Esa mesma madrugada, a condutora dun patinete eléctrico saíuse da vía na rúa Agricultura. A muller, que presentaba lesións na cara, explicou aos axentes que non sabía o motivo da caída e non lembraba nada, polo que foi trasladada ao Hospital Lucus Augusti nunha ambulancia.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...