InicioPolíticaO BNG proporá no pleno paralizar e renegociar a RPT do Concello...

O BNG proporá no pleno paralizar e renegociar a RPT do Concello de Lugo

Dende o Partido Popular afirman que a folga dos funcionarios impediu directa ou indirectamente a celebración "do 40 por cento das comisións"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG presentou unha moción de urxencia para instar ao Concello a retomar as negociacións sobre a nova Relación de Postos de Traballo (RPT), pendente de aprobación en xunta de goberno. A proposición que deberá debaterse no pleno de decembro ten de fondo a folga dos funcionarios contrarios a esta reorganización, pola desigualdade nos incrementos, a falta de persoal, e a non solución á situación da Escola Municipal de Música e a funcionarización dos cadros. 

Neste senso, o alcaldable do Bloque Nacionalista Galego entende que “non é normal a conflitividade que se despertou entre o persoal”. Rubén Arroxo lembrou que “é a primeira vez que se produce unha folga de funcionarios neste Concello”, atribuíndo os paros á falta de representatividade na Mesa Xeral de Negociación. “Non é real a respecto do sentir xeral das traballadoras e traballadores, polo que non pode servir como aval”.

Para Arroxo, cómpre “un novo deseño” da proposta de RPT para que ninguén saia prexudicado. Así, solicítase “reiniciar o proceso” tendo en conta “á totalidade de forzas sindicais existentes na propia institución, ás xefaturas de servizo, e a calquera traballadora ou traballador que así o considere, co fin de crear un documento que teña o maior consenso posible dentro da plantilla”.

Impacto nas comisións de seguimento

Antonio Ameijide, voceiro do Partido Popular, durante o pleno de novembro | Óscar Bernárdez
Antonio Ameijide, voceiro do Partido Popular, durante o pleno de novembro | Óscar Bernárdez

O voceiro do Partido Popular, Antonio Ameijide, tirou de retranca ao preguntarse “se Daniel Piñeiro se uniu á folga de funcionarios”, en referencia á ausencia do concelleiro responsable da área de Persoal na comisión que el mesmo preside. Os conservadores advirten de que a non celebración desta reunión preceptiva “pode poñer en risco” a sesión plenaria de decembro, porque “impídese elevar a pleno os asuntos que se tiñan que tratar”.

Sinalan os populares que a folga paralizou o “40 por cento” das comisións de seguimento, ben por ausencia de funcionarios, ben por ausencia do equipo de goberno. “Veremos se pode celebrarse o pleno e que se debate nel”, comentan dende o Partido Popular, dende onde lamentan que non se celebrara a xunta de voceiros para resolver estes inconvintes. “O xoves non se poderá debater máis do cincuenta por cento das propostas que inicialmente se tiñan que votar”. 

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...