InicioSucesosDetido un mozo lucense ao que interceptaron no Riverland, en Asturias, con...

Detido un mozo lucense ao que interceptaron no Riverland, en Asturias, con 20 pastillas de éxtases

Dous apresados por tráfico de drogas e 186 denuncias por tenencia e consumo de sustancias, balance da Garda Civil neste festival

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo de 21 anos, veciño de Lugo, foi detido o sábado o festival Riverland, celebrado o pasado fin de semana en Asturias, por un suposto delito de tráfico de drogas ao ser interceptado con 20 pastillas de éxtases e 205 euros en efectivo.

Así figura no balance do operativo de seguridade realizado pola Garda Civil neste evento de tres días de duración e ao que asistiron unhas 40.000 persoas. Igual que en anos anteriores, tivo lugar na localidade de Merediz (Cangas de Onís).

O balance do opertivo establecido é de 186 denuncias á Lei de Seguridade Cidadá por tenencia e consumo de drogas na vía pública, dúas denuncias á Lei de Seguridade Cidadá por portar armas en vía pública, dúas por desobediencia/falta de respecto a axentes da autoridade e dúas por venda ambulante. Tamén se practicaron dúas detencións por delitos de tráfico de drogas, ambas as na madrugada do día 24, en dúas actuacións diferentes.

Na primeira detívose a un mozo de 21 anos veciño de Lugo que portaba 20 pastillas de éxtases e 205 euros en metálico. A segunda produciuse momentos despois, a un veciño de Avilés de 22 anos, ao que se lle incautou 63 pastillas de éxtases.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...