InicioCulturaBorja Porto e Arte Lucus, murais dende o 27003: "En Lugo sempre...

Borja Porto e Arte Lucus, murais dende o 27003: “En Lugo sempre houbo graffiteiros boísimos”

Unha nova conversa de Guido Álvarez cos artistas lucenses para o Lugo Xornal. Hoxe coñecemos a Borja Porto (Albeiros, Lugo, 1988) e o seu novo proxecto Arte Lucus

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade de Lugo segue vivindo a súa idade dourada no que a arte urbana se refire. Case trinta anos de muralismo e graffiti reflexado nos muros lucenses, varios premios internacionais nos últimos anos (incluídos o mellor mural do mundo do 2021 e o terceiro mellor do 2023), e sobre todo o privilexio de contar con máis de 20 artistas lucenses en activo.

Un dos últimos proxectos creativos é dun vello coñecido da escena pictórica, pero que nos últimos tempos decidiu iniciar unha nova aventura: Arte Lucus. El é Borja Porto.

Ola, Borja, un pracer charlar contigo para o Lugo Xornal. O primeiro que quero preguntarte é sobre como comezou a túa historia co graffiti e co muralismo. Cando pintaches por primeira vez?

A primeira vez que pintei tiña 12 anos, e creo que foi como todos, foi unha sinatura desas que non lle gustan a ninguén, con rotulador Edding 800. Como foi? Eu vía aos maiores facelo, chamoume a atención, e comecei a asinar coma un tolo por todos lados: libretas, libros, paredes… era un pouco inquedo e pasábame o día facendo bocetos.

Outro mural do 2024 no barrio de Paradai (Foto: Lugo Xornal)

Recordas onde?

Sobre todo no colexio (CEIP Luis Pimentel) e no instituto (IES Ánxel Fole).

“Arte Lucus xurdiu hai xusto un ano vindo da praia, coa axuda da miña moza trazamos un plan para intentar que a xente vexa a evolución do que pinto en cada mural que fago”

Como naceu o proxecto Arte Lucus?

Sobre todo por motivación, necesito estar sempre facendo cousas e notar que vou mellorando. Vivo a base deses estímulos aínda que ás veces frústrome por elo, pero xa é a miña forma de vivir. Despois de moitos anos pintando letras aburrinme un pouco, e quixen comezar a facer debuxos. Realmente o proxecto Arte Lucus xurdiu hai xusto un ano vindo da praia, nunha hora de traxecto coa axuda da miña moza trazamos un “plan” para intentar que a xente vexa un pouco a evolución do que pinto en cada mural que fago, comezando prácticamente de cero (xa que sempre me adiquei ao lettering). Ela confía máis no que podo chegar a facer que eu mesmo.

G: Que che parece o momento actual do graffiti e do muralismo en Lugo?

B: Moi bo nivel, en Lugo sempre houbo graffiteiros boísimos, polo camiño quedou xente moi talentosa que o deixou, pero que marcaron unha época. Non houbo moita cantidade, pero si moita calidade. Agora coas redes estase chegando a moita xente e púxose a Lugo no mapa.

Borja Porto, pintando un dos seus últimos murais no barrio da Piringalla (Foto: Lugo Xornal)
Borja Porto, pintando un dos seus últimos murais no barrio da Piringalla (Foto: Lugo Xornal)

G: De que zona de Lugo es?

B: 27003

G: Que outros artistas galegos che gustan?

B: Yoe, Bure, Guille… aínda que agora viva en Málaga conta igual, hehe.

Os procesos creativos son un verdadeiro espectáculo que os lucenses desfrutan semana a semana na cidade (Foto: Lugo Xornal)

G: E a nivel internacional?

B: Hopare, Does, Bublegum….

G: Cales son os teus soños ou proxectos de futuro?

B: Mellorar sempre, cada cousa que faga intentar que sexa mellor que a anterior, así é como chegan os resultados.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...