InicioSucesosDetidas tres persoas dun clan familiar dedicado a venda de cocaína en...

Detidas tres persoas dun clan familiar dedicado a venda de cocaína en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a dous homes e a unha muller vinculadas a un clan familiar que se dedicaba á venda polo miúdo de cocaína na cidade de Lugo. Segundo informou o corpo, durante a investigación e nos rexistros domiciliarios incautáronse máis de 230 doses, así como sustancia de corte suficiente para triplicar a droga unha vez na rúa.

Así mesmo, interceptáronse balanzas de precisión, material para a preparación da droga para a súa venda polo miúdo na rúa, teléfonos móbiles, un vehículo e máis de 2.000 euros provenientes da venda. Os detidos, unha vez tomada declaración en dependencia policiais, foron postos a disposición da autoridade xudicial, que decretou o ingreso en prisión dun dos homes detidos, como xefe do clan.

Con esta operación, a Policía Nacional de Lugo dá por desarticulado un dos puntos de venda de drogas máis importantes da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...