InicioLugo e contornaCastroverdeFalece un peregrino que percorría o Camiño Primitivo ao paso por Castroverde

Falece un peregrino que percorría o Camiño Primitivo ao paso por Castroverde

Tiña 70 anos e o suceso tivo lugar ás 9,45 horas desta mañá

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un peregrino de 70 anos faleceu na mañá deste mércores ao sufrir unha indisposición cando percorría o Camiño Primitivo, ao seu paso pola localidade lucense de Castroverte.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 9,45 horas, cando outro camiñante solicitou asistencia sanitaria para un dos compañeiros do seu grupo, que se esborrallou á altura da parroquia A Frairía, en Castroverde. Na súa chamada, o alertador sinalou que o home permanecía inconsciente.

Desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia e o helicóptero medicalizado con base en Ourense, e os axentes da Garda Civil. A pesar dos esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.

Trátase do segundo peregrino que falece por indisposición en menos de 24 horas, tras perder a vida o martes un home de 58 anos en Portomarín.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia ante Inspección a empresa onde morreu un mozo en prácticas en Vilalba

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa de...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...