InicioSociedadeA gran celebración agarda tralo tardío acendido das luces de Nadal

A gran celebración agarda tralo tardío acendido das luces de Nadal

A gran cerimonia de Lugo, con animación cultural, inchables, e chocolatada, complétase coa presenza dos ídolos do deporte lucense, que repartirán regalos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A festa de benvida ao Nadal comeza ás 18.00 horas na Praza Maior. A cerimonia contará con diferentes tipos de animación para os meniños, incluíndo unha granxa, un circo e un castelo inchables. Todas as actividades son de balde. 

Antes da festa, haberá un reparto de globos e un photocall para inmortalizar con familia e amigos a chegada do Nadal. A cita serve de pretexto para acender as luces que tanta polémica trouxeron este ano, por ser instaladas despois da ponte da Constitución e supor un considerable incremento no gasto e, consecuentemente, no número de dispositivos instalados. 

En todo caso, na cita participarán xogadores e xogadoras do CB Breogán, CV Emevé, CB Ensino e CD Lugo, que entregarán agasallos aos máis pequenos e pequenas da cidade, asinarán autógrafos, e sacaranse fotos cos afecionados.

Agasallos e chocolatada

Estarán o pívot do Breogán Henk Norel, xunto á mascota do equipo, Maximus. Do Emevé, estarán presentes, do equipo masculino, os xogadores Mario Povale e Pablo Villar, e do feminino, Paula Reija e Ainara Burgo.

Por parte do Ensino asistirá o equipo feminino da liga DÍA, e do CD Lugo, o capitán Carlos Pita, o entrenador Antonio Monteagudo, e os xogadores Serge Leuko e Borja San Emeterio. Tampouco faltará Quío o Esquío, a mascota de Xuvenlugo, que entregará pases para este evento.

O toque musical da festa correrá a cargo do grupo de pandereiteiras da Escola Municipal de Música. A clausura será o intre máis doce: a chocolatada con churros.

Decepción entre os comerciantes de Lugo polo retraso do alumeado de Nadal

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...