InicioEconomíaDecepción entre os comerciantes de Lugo polo retraso do alumeado de Nadal

Decepción entre os comerciantes de Lugo polo retraso do alumeado de Nadal

Lugo Monumental lamenta os avisos reiterados e a oferta de colaboración que o Concello ignorou, retrasando ao 14 de decembro o acendido do alumeado de Nadal

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os comerciantes din notar a falta de actividade na campaña de Nadal, a unha data tan temperá coma o 4 de decembro. E Lugo Monumental alerta de que o efecto prolongarase no tempo pola demora no acendido do alumeado de Nadal, previsto como mínimo para o 14 de decembro. Os empresarios do centro histórico califican a tardanza de “torpedo na línea de flotación” do pequeno comercio.

A patronal considera “inaceptable” este retraso logo de considerar que “todo estudo e análise” conclúe que o alumeado de Nadal fomenta a afluencia de público e as compras. “Non se trata de fomentar o consumo, senón de onde se produce ese consumo”, precisan dende Lugo Monumental. “Os grandes centros comerciais hai semanas que locen as decoracións festivas, é evidente que saben que é un elemento crítico”.

Ignorando os avisos

A asociación empresarial ofreceu a súa colaboración ao Concello o 15 de xaneiro, precisamente para estudar a normativa municipal e o xeito de financiar e colocar o alumeado dentro do recinto amurallado. Lugo Monumental plantexaba retornar ao modelo anterior, no que as empresas pagaban os arcos de luz. Non houbo resposta.

Concello de Lugo

Os comerciantes din que é “un tema reiterado” logo das protestas de 2015 por esta mesma situación. En setembro deste ano, advertiuse do retraso do prego de contratación, que achacouse a “problemas administrativos”. “Pode ser crible un ano, incluso dous, pero non todos. Se se comeza a tramitación en outubro e non chega a tempo, o lóxico é iniciala antes”, sinalan.

Coma sucedera en 2014, a adxudicación asinada o día 3 de decembro á empresa subministradora impedirá instalar o alumeado antes da ponte da Constitución. A medida incluso podería resultar nula de pleno dereito, alertan, por ter un contido imposible, ao esixir a prestación de servizo dende o 30 de novembro.

A concelleira de Economía, Ana Prieto, asegurou que o alumeado será “máis completo e bonito” que en anos anteriores, e calcula que o acendido producirase ben no día 14, ben no 15 de decembro. “Estamos traballando para apurar ao máximo os prazos, tanto dende os servizos técnicos como dende o equipo de goberno, para as tramitacións de todos os expedientes”. Neste senso, culpou á oposición de retrasar a aprobación dos orzamentos, o que levou “ao retraso de todos os expedientes”.

Propostas para o encendido

En Lugo Monumental son conscientes de que hai que evitar caer na “esaxeración”, e non cómpre adiantar demasiado o acendido das luces de Nadal. Tendo a ponte de decembro coma horizonte ineludible, os empresarios valoran unha data “próxima e moi significativa”: o aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. “O 30 de novembro non supón antelación desmesurada e ofrece un atractivo máis”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Lugo avoga por que a esquerda “axunte esforzos” na súa provincia para evitar “voto inútil”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, considera que a esquerda "debe axuntar esforzos", tamén na...

A provincia de Lugo desprega 112 operarios e 64 máquinas para garantir a seguridade viaria este inverno

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou o plan de viabilidade invernal para...

Convocan as primeiras xornadas de Saúde Mental en Lugo, a provincia co maior número de suicidios en España

A asociación de voluntariado autonómica Stop Suicidio Lugo anunciou este venres a celebración das...

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...