InicioPolíticaO PP de Lugo cifra en "máis de 800 euros" cada baño...

O PP de Lugo cifra en “máis de 800 euros” cada baño en xaneiro nas Caldas do Miño

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, denunciou este mércores en rolda de prensa que cada baño rexistrado no mes de xaneiro nas Caldas do Miño, as piscinas de auga quente inauguradas na capital en marzo de 2023, “custou” aos lucenses “máis de 800 euros” debido á escasa afluencia de usuarios ao recinto e ao elevado custo do mantemento do servizo.

Nunha convocatoria realizada con motivo da presentación do cuarto boletín informativo que edita periodicamente o partido para “dar conta” do seu labor no municipio e “referendar con datos as actuacións mellorables do Goberno”, Candia indicou que manter o actual servizo das Caldas do Miño, “un dos proxectos estrela de nacionalistas e socialistas”, representa “un gasto anual de entre 367.000 e 400.000 euros”.

É un servizo con moi pouca afluencia e cun gasto moi elevado. Os datos oficiais indican que xaneiro entraron 32 persoas. Se calculamos o que custou o mantemento, cada baño pasou dos 800 euros”, explicou a portavoz popular, para acto seguido revelar, continuando co mesmo análise dos usuarios, que os baños no complexo –gratuítos previa reserva– supuxeron un gasto media durante algúns días dos meses de abril e maio de entre 94 e 157 euros.

Para a líder popular, os servizos de socorrismo, seguridade, mantemento e enerxía eléctrica para quentar a auga das piscinas, unidos á escasa afluencia, converten o servizo nun proxecto “insustentable” que debería ser reformulado: “Habería que buscar acordos para que esa auga que abastece o proxecto non fóra da traída senón mineromedicinal para dar un salto cualitativo e recuperar tamén o espírito inicial do proxecto”.

APERTURA DA NOVA RESIDENCIA

Na rolda de prensa convocada este mércores, na que Candia estivo acompañada dos concelleiros do seu partido, a portavoz do Grupo Municipal Popular aproveitou tamén a súa comparecencia para manifestar a súa “indignación” polo feito de que a nova residencia de maiores construída en Lugo pola Fundación Amancio Ortega e presentada o pasado 5 de abril non abrise aínda as súas portas.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...