InicioSociedadeAbre o prazo para inscribirse en actividades gratuítas e de lecer nos...

Abre o prazo para inscribirse en actividades gratuítas e de lecer nos Ancares e Terras do Miño

A Deputación de Lugo abriu este prazo de inscrición

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu o prazo de inscrición para participar no novo programa de actividades gratuítas co obxectivo de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental nas reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

O novo calendario inclúe en total 13 propostas con máis de 230 prazas para todos os públicos que se desenvolverán no terceiro trimestre do ano, do 1 de xullo ao 27 de setembro.

Os interesados poden anotarse chamando ao número de teléfono 982.305.930 e 982.227.812, enviando un correo electrónico a und.medioambiente@deputacionlugo.org no caso das actividades de Terras do Miño e ancareslucenses@deputacionlugo.org para as actividades que se desenvolven na reserva dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Ademais, hai un espazo virtual habilitado na páxina web da Deputación de Lugo.

OBRAS CINTO COMARCAL

Por outra banda, a institución provincial iniciou as obras de mellora dun novo tramo do Cinto Comarcal, na estrada LU-P-1611, que transcorre polos concellos de Friol, Outeiro de Rei E Begonte.

Este proxecto, que conta cun investimento superior a 700.000 euros, contempla o acondicionamento dun tramo de sete quilómetros, comprendido entre os puntos quilométricos 49 e 57.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...