InicioSociedadeAlerta amarela por refachos de vento e neve na Montaña lucense

Alerta amarela por refachos de vento e neve na Montaña lucense

Catorce concellos da Montaña lucense veranse afectados por refachos de vento e acumulación de neve que impedirán actividades potencialmente perigosas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Entre primeira hora deste mércores e a noite do xoves, a Montaña lucense quedará en alerta amarela. Os fenómenos que motivan o aviso son refachos de vento que acadarán os 80 quilómetros por hora de xeito puntual, e que perderán intensidade na madrugada do xoves; e a acumulación de neve, de ata 5 centímetros cada 24 horas, que persistirá ata a madrugada do venres.

A caracterización de alerta amarela implica que non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, e só para algunha actividade concreta, porque estes fenómenos meteorolóxicos son habituais pero potencialmente perigosos.

A alerta amarela afecta a catorce concellos da Montaña: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso Do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...