InicioLugo e contornaLugoOs Danzantes de Oxeito participarán este domingo na procesión da Ofrenda ao...

Os Danzantes de Oxeito participarán este domingo na procesión da Ofrenda ao Santísimo

Queren poñer colorido na procesión da Ofrenda o Santísimo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este domingo 9 de xuño, os Danzantes de Oxeito participarán na procesión da Ofrenda ao Santísimo. Malia teren unha orixe pagán para algúns estudosos, os primeiros rexistros documentais asocian as danzas brancas coas sociedades gremiais dos séculos XVI e XVII. Estas organizacións de artesáns participaban nas festas de vilas e cidades executando cadan súa danza cerimonial.

En Compostela, por exemplo, saían sobre doce agrupacións no día do Corpus Christi: prateiros, ferreiros, carniceiros, xastres, tecedores, barbeiros, acibecheiros, correeiros, pedreiros, carpinteiros, armeiros e zapateiros. Os gremios foron abolidos na época do liberalismo, porén, a tradición das danzas continuou da man de confrarías de mariñeiros ou da propia veciñanza das parroquias.

As danzas desenvólvense polo xeral no adro da igrexa, ás veces como acto previo ao inicio dunha procesión relixiosa. Como esquema xeral, comezan cunha reverencia inicial, seguida da parte coreográfica da propia danza na que, nunha serie de movementos e cruces prefixados, os danzantes baten paus, espadas, trenzan fitas de cores arredor dun mastro ou danzan con arcos. O evento finaliza cunha nova reverencia.

A denominación “danzas brancas” provén do emprego polos danzantes das pezas de roupa branca que van por baixo da vestimenta tradicional: camisas, cirolas, enaguas etc. Se ben cada lugar complementa esta indumentaria de distintos xeitos engadindo faixas vermellas, bandas cruzando o peito, chapeus con fitas etc. A maioría das danzas acompáñanse musicalmente por grupos de gaiteiros, e nalgunha aparecen tamén figuras festeiras como abandeirados, demos, comparsas de xigantes e cabezudos ou cocas. Estas últimas, representacións medievais de dragóns, mantéñense en Betanzos e Redondela, lugar onde tamén se conservaron as penlas, nenas vestidas de branco e con ás de anxo que bailan nos ombros de dúas mulleres (chamadas burras) mentres se efectúa unha danza de espadas.

Dende a Escola Tradi Oxeito queren poñer colorido na procesión da Ofrenda ao Santísimo facendo unhas danzas seculares e que son bailadas nas procesións de Galicia. Ao non existir na documentación do Arquivo do Obispado de Lugo referencias a ningunha danza propia tomamos prestadas algunhas das que se conservan en Galicia e que ensinan nas aulas da escola. Todas estas danzas son bailadas co máximo respeto e tradición. Na parte instrumental estarán acompañados polo grupo Os Xílgaros de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...