InicioEconomíaCoñece os balnearios e mananciais da provincia na guía termal da Eurorrexión

Coñece os balnearios e mananciais da provincia na guía termal da Eurorrexión

O Foro Termal do Eixo Atlántico prepara a guía do turismo termal nas 34 cidades que conforman a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Foro Termal do Eixo Atlántico reuniuse este martes para perfilar os últimos detalles da guía do turismo termal. A publicación procura impulsar a promoción termal das 34 cidades que conforman esta organización ao longo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Na xuntanza participou o deputado provincial de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde.

Os recursos salientados para patrocinar o turismo termal son os balnearios Oca Río Pambre de Palas e Augas Santas de Pantón, así como os mananciais de Guitiriz, San Xoán de Lagostelle, Santo Domingo de Pardiñas e Valdovín, en Parga.

Vidal Baamonde subliñou que “dado o alto potencial turístico da auga, é importante que a provincia de Lugo figure nesta promoción conxunta de destinos termais”. Segundo o enviado do goberno provincial, “Lugo ocupa un lugar privilexiado polo seu patrimonio termal, e tamén pola súa longa traxectoria histórica dos usos termais da auga, que se remontan á romanización”.

Lugo Termal

Reunión do Foro Termal do Eixo Atlántico, no Grove | Deputación de Lugo
Reunión do Foro Termal do Eixo Atlántico, no Grove | Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo sitúa entre as prioridades do departamento de Turismo o benestar a través dos recursos termais. Nesa liña, por oitavo ano consecutivo ofrece o Lugo Termal, programa de promoción do turismo mineromedicinal lucense.

Debido ao grande interese que esperta entre a veciñanza de maior idade, na convocatoria deste ano o executivo decidiu duplicar as prazas desta programación, ata case rozar as 1.200.

Cómpre lembrar que, dende a posta en marcha do Lugo Termal,  son máis de 5.000 persoas as que se recibiron descontos de máis de 60 euros da Deputación para desfrutar de terapias mineromedicinais nos estabelecementos da provincia.

ÚLTIMAS

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...

Ferida unha persoa en Begonte tras caer nunha cuneta co seu tractor e quedar atrapada

Unha persoa resultou ferida tras caer nunha cuneta co seu tractor e quedar atrapada...

Ferida unha persoa ao sufrir queimaduras por mor dun incendio na súa vivenda en Monterroso

Unha persoa resultou ferida ao sufrir queimaduras por mor dun incendio na campá extractora...

O Goberno ratifica que “nas próximas semanas” abrirá o tramo Melide-Palas de Rei da A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ratificou que "nas próximas semanas" abrirá o...