InicioSucesosDetido un home en Lugo tras ameazar e tratar de agredir aos...

Detido un home en Lugo tras ameazar e tratar de agredir aos axentes que interviñeron

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local detiveron en Lugo a un home que os ameazou e tratou de agredilos tras acudir á rúa Mariña Española por unha pelexa, segundo recolle o parte de incidencias. A detención produciuse esta madrugada por parte dunha patrulla do grupo operativo nocturno da Policía Local. Á súa chegada, os axentes observaron como o home, de 46 anos e veciño da cidade, increpaba ós acompañantes dunhas mulleres que trataban de abandonar o lugar.

Por iso, avisárono de que mudara a súa actitude, facendo caso omiso e encarándose e ameazando aos polícias, ademais de levantar o seu puño cara a eles para agredilos. Ademais, tratou de arrebatar a un a súa defensa regulamentaria polo que foi inmobilizado. Os axentes procederon á súa detención e traslado a dependencias policiais, coa instrución de dilixencias para o xulgado.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...