InicioLugo e contornaLugoO BNG denuncia a retirada da última conexión de tren entre Lugo...

O BNG denuncia a retirada da última conexión de tren entre Lugo e Ourense

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG levará ás distintas institucións a situación do transporte ferroviario de Lugo, despois de que, segundo denuncia, Renfe eliminase a última conexión entre Ourense e Lugo en horario nocturno.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o BNG levará ás distintas institucións a situación do transporte ferroviario de Lugo, despois de que, segundo denuncia, Renfe eliminase a última conexión entre Ourense e Lugo en horario nocturno.

Así, Arroxo valorou como “un desastre” a planificación levada a cabo por Renfe dos servizos ferroviarios durante os traballos de mellora nas infraestruturas. Afirmou que un só deputado do BNG no Congreso “conseguiu que se puxesen en marcha as melloras das infraestruturas”, pero, engadiu, esas melloras “teñen que vir da man de mellores conexións e máis frecuencias, e non eliminando servizos”.

Os nacionalistas critican que Lugo continúe “con menos servizos que antes do inicio da pandemia”, cando se eliminaron servizos como o tren nocturno Lugo-Barcelona. Sobre as conexións dentro de Galicia, o Bloque lamenta que a capital lucense sexa a única cidade que non ten conexión directa con Santiago.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...