InicioPolíticaO BNG denuncia que a Xunta "siga marxinando" a Lugo, ao non...

O BNG denuncia que a Xunta “siga marxinando” a Lugo, ao non reclamar un xulgado específico de violencia de xénero

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, considerou como "unha nova marxinación" á cidade o anuncio da Xunta de reclamar 12 novas unidades xudiciais para toda Galicia sen incluír entre elas un xulgado específico de violencia de xénero para Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, considerou como “unha nova marxinación” á cidade o anuncio da Xunta de reclamar 12 novas unidades xudiciais para toda Galicia sen incluír entre elas un xulgado específico de violencia de xénero para Lugo. Nun comunicado, o BNG sinala que é fundamental a creación deste xulgado para loitar contra a violencia machista e critica que a Xunta non o solicite a pesar de tratarse dunha “petición histórica” do movemento feminista de Lugo e que foi recomendada mesmo polo Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero”.

En concreto, conforme lembrou o BNG, a comisión mixta de xustiza da Xunta e o TSXG acordaron reclamar ao Goberno a creación de 12 novos xulgados, entre os que se inclúe un específico de violencia de xénero en Santiago, xulgados de primeira instancia en Ourense, Vigo, Pontevedra e A Coruña. Ademais, inclúese un de primeira instancia e instrución en Viveiro, Vilagarcía de Arousa, Ribeira e Carballo, ademais dun do Contencioso Administrativo na capital galega, un do penal en Ourense e un do social en Ferrol. Entre as peticións non figura o de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...