InicioA UlloaO Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio entende que o proxecto de Greenfiber "sementa moitas dúbidas" e non se acomoda ao modelo de desenvolvemento que "Galicia necesita".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto industrial que a firma Greenfiber (Altri e Greenalia) ten intención de instalar no municipio lucense de Palas de Rei. Así, tal e como detalla nunha nota de prensa, reclama “máis información” sobre unha iniciativa que “non se acomoda ao modelo de desenvolvemento territorial que Galicia necesita”.

“Cremos que o modelo de desenvolvemento industrial de Galicia tense que facer con criterios de sustentabilidade, defensa do medioambiente e integración dos proxectos económico/empresariais no conxunto dos valores e tradicións sociais, culturais, paisaxísticas e etnográficas dun territorio”, argumentou.

Neste sentido, valorou que a industrialización do século XXI ten que apostar por “a evolución do territorio e non por unha alteración radical con criterios propios do século pasado”. Así, o Colexio entende que o proxecto de Greenfiber “sementa moitas dúbidas” sobre o cumprimento das directrices autonómicas de Ordenación do Territorio, “en especial pola ausencia de indicadores esenciais”. Do mesmo xeito, apunta que o proxecto aposta por unha industria “de primeira transformación” e “non avanza na circularidade nin completa o ciclo da madeira con criterios de sustentabilidade”.

Tamén sinala que “insiste en proxectos forestais que requiren unha especie de alto consumo de auga” o que, na súa opinión, “compromete a aposta autonómica polo ciclo integral da auga”.

Doutra banda, os arquitectos critican que se coloque un proxecto industrial en “primeira liña” do Camiño de Santiago “sen solicitar previamente o impacto do mesmo na consideración desta Ruta como Patrimonio da Humanidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...