InicioPolíticaO Concello de Lugo recibe a insignia de honra da Confraría do...

O Concello de Lugo recibe a insignia de honra da Confraría do Bo Xesús no seu 75 aniversario

Este recoñecemento, entregado en virtude do compromiso e apoio prestado pola cidade de Lugo a esta entidade desde mediados do século XX, simboliza a colaboración entre a Administración local e a irmandade, apuntan desde o consistorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, recibiu este sábado en nome do Concello de Lugo a insignia de honra outorgada pola Confraría do Bo Xesús, nun acto para conmemorar o 75 aniversario da irmandade. Este recoñecemento, entregado en virtude do compromiso e apoio prestado pola cidade de Lugo a esta entidade desde mediados do século XX, simboliza a colaboración entre a Administración local e a irmandade, apuntan desde o consistorio.

“Sen dúbida, a rica tradición e o incalculable labor que a Confraría desempeña na divulgación e conservación do patrimonio histórico e artístico da nosa cidade son dignas de admiración. A súa dedicación contribúe significativamente a preservar as raíces culturais que dan forma á identidade de Lugo e que, co paso dos anos, tórnanse máis valiosas se cabe”, dixo Repetto tras o acto. O concelleiro agradeceu a contribución das persoas confrades na difusión da imaxe da cidade e “o compromiso constante da confraría coa difusión da historia e a promoción” do patrimonio lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...