InicioLugo e contornaLugoUn home deberá pagar unha multa por increpar e tentar agredir a...

Un home deberá pagar unha multa por increpar e tentar agredir a un axente nun bar

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo acordou este xoves impor unha multa de 1.080 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo acordou este xoves impor unha multa de 1.080 euros a un home acusado de increpar e tentar agredir a un axente da autoridade nun bar do centro histórico da capital en xullo de 2022.

Os feitos xulgados tiveron lugar a madrugada do 3 de xullo de 2022 no establecemento hostaleiro ‘O Catorce’, situado na Rúa Nova, unha das principais vías peonís do centro da cidade. Axentes da Policía Nacional se personaron aquela noite no negocio, onde se atopaba un home, de 36 anos de idade, en “actitude agresiva”.

Tras solicitarlle que lles acompañase ao exterior, o imputado, de acordo ao recolleito no escrito de acusación, comezou a increpar e a insultar aos axentes, chegando mesmo a “suxeitar fortemente” polos brazos a un deles e a “lanzar un cabezazo ao aire” que non chegou a alcanzalo.

O procesado, acusado inicialmente dun delito de atentado a axentes da autoridade, recollido no artigo 550.1 e 2 do Código Penal e polo que se solicitaba unha pena de prisión dun ano, viuse favorecido pola modificación da cualificación realizada polo Ministerio Fiscal.

Tras o acordo de conformidade alcanzado entre as partes, o home foi finalmente condenado ao pago dunha multa de seis euros ao día durante seis meses acusado dun delito de resistencia a axentes da autoridade.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...