InicioLugo e contornaInvestigados catro veciños de Vilalba por tentar subtraer un inodoro dun hotel...

Investigados catro veciños de Vilalba por tentar subtraer un inodoro dun hotel pechado de Pobra de San Xiao

Como supostos autores dun delito de furto en grao de tentativa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigados a catro veciños do municipio lucense de Vilalba por tentar subtraer un inodoro dun hotel pechado de Pobra de San Xiao. Segundo informou o Instituto Armado, están investigado como supostos autores dun delito de furto en grao de tentativa.

Os feitos sucederon na madrugada do pasado día 6 no interior dun hotel que actualmente se atopa pechado e os infractores, con idades comprendidas entre os 22 e 57 anos, foron sorprendidos ‘in situ’ polos axentes.

Nese momento, portaban varias ferramentas que foron, supostamente, utilizadas para tentar levar un sanitario wc que se atopaba instalado nunha das habitacións.

A Garda Civil de Lugo detallou que as dilixencias policiais foron remitidas á autoridade xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...