InicioSucesosAtopan, grazas a cámaras de gravación, unha carteira perdida en Vilalba

Atopan, grazas a cámaras de gravación, unha carteira perdida en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

A gravación dunha cámara de seguridade dun establecemento permitiu á Garda Civil de Lugo localizar unha carteira extraviada despois de que a súa propietaria acudise a denunciar o seu furto. Finalmente, foi localizada dentro dunha caixa na que caeu desde o mostrador.

A muller acudira á Garda Civil a denunciar o suposto furto da carteira, na que se atopaba a súa documentación e 2.000 euros en efectivo. Contou aos axentes que a carteira desaparecera do seu bolso mentres facía unhas compras e dixo que non tiña constancia de que se lle caera ou a deixou noutro lugar.

Iniciouse así unha investigación para tratar de esclarecer os feitos denunciados e poder devolver a carteira á súa lexitima propietaria, analizando os lugares polos que pasara. Para iso, os investigadores trasladáronse a un establecemento comercial onde estivera a muller e, tras visionar as cámaras de seguridade, non se apreciou que mostrase a carteira ou que alguén lla subtraese.

Máis tarde desprazáronse a outro local comercial de Vilalba e visionaron tamén as cámaras de seguridade. Na gravación podía verse como a muller sacaba a carteira do bolso, pagaba o artigo e, posteriormente, pousábaa nunha parte do mostrador.

Tras visionar repetidas veces as imaxes, os axentes déronse conta de que a carteira podía caerse accidentalmente do mostrador ao interior dunhas caixas. Nese momento, desprazáronse a esa zona do local e atoparon a carteira co diñeiro e a documentación no seu interior.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...