InicioSucesosInvestigada por un delito de inxurias e calumnias unha nai que acusou...

Investigada por un delito de inxurias e calumnias unha nai que acusou a unha profesora de maltratar e tratar de envelenar á súa filla

O Xulgado de Instrución número 2 de Lugo abriu dilixencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xulgado de Instrución número 2 de Lugo abriu dilixencias, por un presunto delito de inxurias e calumnias, contra a nai e a avoa dunha nena que acusaron a unha das profesoras do centro educativo no que cursa a menor de maltratala e envelenala. A docente, a quen as dúas mulleres culparon en reiteradas ocasións de someter á menor a diferentes tipos de malos tratos e de tentar envenenala, foi quen presentou a denuncia ao sentirse prexudicada por tales acusacións.

Como consecuencia de todo iso, a proxenitora e a avoa da menor, confirmaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), atópanse actualmente sendo investigadas por un presunto delito de inxurias e calumnias contra funcionario público. A xuíza titular do órgano que instrúe o caso continúa realizando dilixencias sobre un asunto no que tamén tomou parte o servizo de menores da Xunta de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

Denuncian un veciño de Lugo por depositar restos de obra en contedores de lixo doméstico

A Policía Local de Lugo denunciou ao responsable dunha vertedura ilegal na cidade, que...