InicioSucesosTerceiro caso de posible abuso sexual con pérdida de memoria en Lugo

Terceiro caso de posible abuso sexual con pérdida de memoria en Lugo

Unha muller espertou nun coche sen saber como chegara a el, no que é o terceiro caso desta clase na mesma fin de semana

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Corpo Nacional de Policía investiga o que, de confirmarse, sería o terceiro caso de abuso sexual con pérdida de consciencia inducida da pasada fin de semana en Lugo. Trátase novamente dunha muller xove que se atopaba de festa, na noite domingo, e que apareceu nun coche acompañada dun coñecido e outra persoa, sen lembrar como chegara ata alí.

Segundo o relato que presentou aos axentes, a rapaza atopábase de festa cuns amigos polo ensanche da cidade, nun pub da rúa Tui. Ao parecer, perdeu a consciencia entre as 05.00 horas e as 13.00 horas do luns, cando espertou no coche canda a dúas persoas. Porén, non foi ata as 18.00 horas que marchou ao domicilio que comparte coa súa parella, comprobando que non levaba a roupa interior.

A Policía tenta esclarecer se existiu agresión sexual, dado que a moza “non sabe o que pasou”. Os investigadores constataron, a partir das probas preliminares, unha taxa considerable de alcol e presenza de substancias estupefacientes.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...