InicioLugo e contornaLugo licita o novo contrato de Axuda no Fogar

Lugo licita o novo contrato de Axuda no Fogar

No que investirá 33,9 millóns no próximos cinco anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo, dirixido por Paula Alvarellos, licitou o novo contrato de Axuda no Fogar, no que investirá 33,9 millóns no próximos cinco anos. O novo contrato, cuxo orzo base de licitación ascende a 11.755.936,30 euros, sae a contratación por un período de dous anos coa posibilidade de prorrogalo ata un máximo de cinco.

Ademais, nas bases contémplase un posible incremento do 20 por cento pola fluctuación dos prezos, o que supón que o valor máximo do contrato suporá un investimento de 33,911 millóns de euros.

“O eixo sobre o que pivota toda a nosa xestión municipal son as persoas. Ningún lucense vaise a quedar atrás, a atención ás nosas persoas maiores é e seguirá sendo unha prioridade para o noso goberno”, sinalou a responsable de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde.

Así, dixo que “fronte á falta de compromiso que o Goberno autonómico evidencia nesta materia a súa competencia exclusiva”, este goberno “aposta por realizar esta enorme mobilización de recursos municipais para garantir a atención adecuada a este colectivo”.

“Temos que lembrar que na nosa cidade, máis de 5.000 persoas maiores viven en soidade. A través do servizo de Axuda no Fogar realízase un traballo de atención, coidado e acompañamento que ten un valor incalculable para elas e para os demais usuarios que ven un incremento notable na súa autonomía”, destacou Olga López.

NOVIDADES

O contrato incorpora novidades, como esixir ás empresas concursantes presentar un anexo de desagregación no prezo por hora. Así, evítanse baixas temerarias, garántese a correcta atención das persoas maiores e asegúranse que os traballadores desempeñen o seu labor nunhas condicións dignas.

Por outra banda, increméntase o persoal técnico, xa que aspiran a contar cun axudante de coordinación do SAF, o que, sen dúbida, “repercutirá de forma positiva xa non só no servizo prestado, senón á hora de valorar as necesidades das persoas usuarias”, apuntou a edilta de Benestar Social.

Como novidade, inclúese unha bolsa económica que cubra os servizos de transporte adaptado para realizar acompañamentos a xestións e consultas médicas. Entre as melloras, que xa foron valoradas no actual contrato, mantéñense todas, entre as que se cincluye un servizo de fisioterapia a domicilio, podoloxía en casa ou acompañamento na realización de xestións e consultas médicas.

Así mesmo, valorarase a achega de material especializado que, unha vez concluído o contrato, pasará a ser de titularidade municipal. Entre este material, atópanse guindastres de mobilización persoal, camas articuladas e colchóns xeriátricos.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...