InicioPolíticaO BNG denuncia que Lugo está "abandoada" en materia ferroviaria

O BNG denuncia que Lugo está “abandoada” en materia ferroviaria

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, aposta por "reclamar á Xunta de Galicia que se implique nas melloras da situación ferroviaria de Galicia e de Lugo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

BNG defenderá nas distintas institucións a posta en marcha dun sistema ferroviario galego “que vertebre o país, e que acabe co abandono de Lugo en materia ferroviaria”. A deputada electa Olalla Rodil; o portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo: e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, presentaron na cidade da Muralla as iniciativas que o Bloque defenderá nas distintas institucións para “reclamar á Xunta de Galicia que se implique nas melloras da situación ferroviaria de Galicia e de Lugo”.

No acto, do que informou o BNG nun comunicado, Arroxo afirmou que a cidade e a provincia de Lugo teñen que deixar de estar “marxinadas” en materia de infraestruturas ferroviarias e que é necesario polas no mapa e comunicar aos veciños e veciñas. O BNG sinala que unha infraestrutura anticuada e fallos constantes son a realidade ferroviaria na provincia ante o que sinalaron que defenderá nas distintas institucións que a Xunta “se implique” na xestión das proximidades ferroviarias, “do mesmo xeito que fan os gobernos doutras zonas do Estado”.

Os nacionalistas propoñen crear un ente que promova e xestione o tren de proximidade galego. O obxectivo é enlazar os principais núcleos de poboación ao redor das cidades, e conectar entre si as urbes que carecen na actualidade deste servizo, como Lugo e Santiago de Compostela, “un auténtico servizo público que sexa útil para as galegas e galegos”, afirmou Rubén Arroxo. Para o Bloque, Galicia ofrece unha evidente e histórica discriminación en canto a investimentos, tanto por parte dos gobernos do PP como do PSOE en materia ferroviaria, o que se traduce nun déficit en infraestruturas, equipamentos e servizos.

O portavoz do BNG de Lugo afirmou que a chegada do AVE a Galicia, con case 30 anos de atraso sobre a data anunciada no primeiro momento polo goberno do Estado, “só supuxo que agora sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela”. Arroxo lembrou que Lugo continúa con menos servizos que antes do inicio da pandemia, cando se eliminaron conexións como o tren nocturno de Lugo a Barcelona.

“Renfe deixou de vender billetes para a conexión diúrna entre Lugo e Barcelona, dado que a conexión necesaria en Monforte sae ás 9.52 horas da mañá, pero o tren de Lugo a Monforte chega ás 9.54 horas”, explicou Arroxo, que criticou tamén que “é imposible comprar un billete que leve de Lugo a León sen ter que pasar por Madrid, facendo que unha viaxe de 200 quilómetros convértase nunha de 800 e varias horas”.

ÚLTIMAS

O Goberno bota balóns fóra: asegura que “as posibles afeccións” do proxecto de Altri deben ser avaliadas pola Xunta

O Goberno central subliña que corresponde á Xunta realizar "calquera avaliación que resulte necesaria" e analizar "as posibles...

A Raíña Sofía visita o Banco de Alimentos, un “soño cumprido” para a entidade

A Raíña Sofía visitou este luns o Banco de Alimentos de Lugo, onde se...

A Carqueixa, a gandería heroica dos Ancares, premio a mellor proxecto MIES

A Cooperativa A Carqueixa foi seleccionada polo Proxecto MIES (Movimiento para la Innovación y el Emprendimiento...

Intervención artística de Abraham Pérez en Santiago este martes

O poeta lucense Abraham Pérez estará este martes 14 de maio ás 19:00h, en...