InicioSociedadeA neve colapsa a montaña de Lugo coa A-6 e a LU-633...

A neve colapsa a montaña de Lugo coa A-6 e a LU-633 cortadas

Garda Civil informa da presenza de máquinas quitaneves na A-52 e do 'embolsamento' de camións por problemas en Zamora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O CIAE 112 Galicia activou 15 incidencias por neve nas primeiras horas da mañá deste venres, cando a súa sala de operacións recibiu numerosas chamadas de condutores que se viron atrapados ou con dificultades para circular nas provincias de Ourense e Lugo.

Ademais, a DGT informou do corte total da A-6 entre Pedrafita e Noceda, e da prohibición á circulación de camións na LU-633, entre Pedrafita e Queixadoiro. Segundo informaron os servizos de Emerxencias, as incidencias rexistráronse en estradas dos concellos de montaña: Cualedro, Muíños, Bande, Maceda, Vilardevós, Viana do Bolo, Laza, A Mezquita, A Gudiña e Montederramo, na provincia de Ourense; e Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga, na provincia de Lugo.

As mesmas fontes matizaron que, polo momento non hai constancia de accidentes graves con danos persoais ou materiais, pero “os condutores si insisten nas dificultades para circular ou mesmo a imposibilidade de avanzar”. Mentres, a DGT confirmou que se cortou o tráfico na autovía A-6, entre o quilómetro 432 e os quilómetros 438 (Pedrafita-Noceda) en Lugo tamén durante a mañá. Así mesmo, estivo cortado o tramo entre o quilómetro 418 e o quilómetro 432, entre Portela de Valcarce (León) e Pedrafita.

Nesta autovía despregouse un dispositivo de ‘embolsamento’ de tráfico pesado previamente, pero o empeoramento das condicións meteorolóxicas obrigaron finalmente ao corte total da circulación. Ademais, tamén estivo cortada a LU-633 entre o quilómetro 0 e o quilómetro 20, entre Pedrafita e Queixadoiro, tamén pola neve.

Foi a mediodía cando o tráfico na autovía A-6 e na estrada LU-633, en Pedrafita do Cebreiro quedou restablecido, coa indicación de circular con precaución debido á meteoroloxía adversa por neve. Segundo os datos publicados pola DGT, sobre as 12.00 horas deste venres púidose normalizar a circulación entre os quilómetros 432 e 438 da autovía, entre Pedrafita e Noceda.

Do mesmo xeito, é necesaria precaución para circular entre o quilómetro 418 e o quilómetro 432 desa autovía, entre Portela de Valcarce (León) e Pedrafita, debido á nevada. Así mesmo, sobre as 13.00 horas quedou restablecida a circulación de tráfico pesado entre os quilómetros 0 e 20 da LU-633, entre Pedrafita e Queixadoiro, tamén afectada pola meteoroloxía adversa. O tramo está transitable con precaución.

SEN COLEXIO CASE 800 ALUMNOS EN LUGO E OURENSE

Un total de 799 alumnos quedaron sen clase este venres debido ás nevadas das últimas horas, nunha nova xornada de temporal que afectou á montaña de Lugo e Ourense. Ademais, un total de 23 centros víronse afectados e oito centros suspenderon as súas clases. Segundo os datos recompilados pola Consellería de Educación e facilitados a Europa Press, na provincia de Lugo houbo tres centros nos que se suspenderon as clases: o CEIP Plurilingüe Concepción López rei de Baleira; o CPI Uxío Novoneyra, en Folgoso do Courel; e o CEIP Ricardo Gasset, no Incio. En total, foron dez os centros afectados polo transporte e un total de 228 non puideron asistir ao colexio.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...

A Deputación destina 750.000 euros a formación dixital para zonas en risco de despoboamento

A Deputación Provincial de Lugo anunciou a posta en marcha do proxecto 'E para...