InicioCulturaCal é a túa imaxe da música tradicional galega?

Cal é a túa imaxe da música tradicional galega?

Tradescola convoca o XI Certame de debuxos para escolares sobre o baile e instrumentos musicais tradicionais de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A escola de música e baile tradicional Tradescola acaba de presentar un novo certame de debuxo “O baile e os Instrumentos da Música Tradicional Galega”.

A finalidade desta actividade, dirixida ás nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria dos centros de ensino da provincia de Lugo, é potenciar e difundir entre os máis pequenos a música e a cultura tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respecto e valoración da mesma.

A Tradescola constitúe un proxecto educativo xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s que busca formación para todas e todos aqueles que queiran achegarse á música e ao baile tradicional galego. A maiores, organiza actividades complementarias vencelladas coa difusión da cultura tradicional, como é o caso deste XI Certame de debuxo sobre o baile e os Instrumentos da Música Tradicional Galega, co que ademais de fomentar o coñecemento da nosa cultura musical, axúdase a potenciar as destrezas manuais e a imaxinación dos rapaces.

Os debuxos e os dorsos dos debuxos, deberanse enviar (escaneados ou fotografiados) por correo electrónico á Tradescola ( tradescola@gaiteirosgalegos.gal) ata o 5 de abril de 2024.

Esta actividade realizase coa Área de Cultura (Vicepresidencia) da Deputación de Lugo. De feito, na presentación do certame contouse coa participación da Deputada provincial de Cultura Iria Castro, a concelleira de Cultura do Concello de Lugo Maite Ferreiro e a Coordinadora da Tradescola Mónica Fernández.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...