InicioAncaresConstruír unha planta de biocombustible en Pedrafita como iniciativa empresarial prioritaria

Construír unha planta de biocombustible en Pedrafita como iniciativa empresarial prioritaria

Na que se investirán 23 millóns de euros, e que se desenvolverá baixo un modelo de 'Industria 4.0'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno galego autorizou a declaración como iniciativa empresarial prioritaria dunha planta de produción de biocombustible e de cogeneración eléctrica en Pedrafita do Cebreiro, na que se investirán 23 millóns de euros, e que se desenvolverá baixo un modelo de ‘Industria 4.0’.

Promovida pola empresa Talentya Dixital Solutions e deseñada polo fabricante italiano Uniconfort, o proxecto consiste no desenvolvemento dunha industria de fabricación e aproveitamento de biomasa para producir biocombustible, así como unha planta de cogeneración eléctrica que permitirá a súa autoabastecimiento enerxético.

A iniciativa tamén considera a posibilidade de incorporar un laboratorio de biotecnoloxía e un centro de interpretación en xestión forestal sustentable. Segundo os promotores, o obxectivo é chegar a unha produción de ata 60.000 toneladas anuais de biocombustible e de 2,1 Mw de electricidade, que permitirán dar servizo á planta sen depender de enerxía externa.

VIVEIROS INDUSTRIAIS

O Goberno autonómico prevé, así mesmo, destinar 1,5 millóns de euros á creación e mellora de viveiros industriais nos parques empresariais galegos.

A nova convocatoria publicarase este venres no Diario Oficial de Galicia e inclúe, como principal novidade, apoios para a reforma e dotación de equipos dos viveiros existentes.

As axudas terán unha intensidade do 80% con axudas máximas que poderán chegar aos 240.000 euros no caso da creación de viveiros e de 75.000 para as actuacións de mellora.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...