InicioLugo e contornaFriolAs primeiras 'Olimpíadas Rurais de Galicia' en Friol

As primeiras ‘Olimpíadas Rurais de Galicia’ en Friol

A cita será entre o 28 e o 30 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio lucense de Friol acollerá o xuño a primeira edición das ‘Olimpíadas Rurais de Galicia’, que combinarán xogos tradicionais e deporte con gastronomía, música e outras actividades. Esta ‘cita’ foi presentada este martes polo conselleiro de Medio Rural, José González; polo alcalde de Friol, José Ángel Santos; e polo presidente do colectivo deportivo Hércules (impulsor desta iniciativa), Enrique Thor López.

O conselleiro trasladou o apoio da administración autonómica a este evento, e valorou que, nel, conflúen compoñentes lúdicos, turísticos e deportivos, nunha “aposta polo medio rural”, e expresou o seu desexo de que esta primeira edición “sexa a primeira de moitas e teña continuidade”.

Segundo destacou o responsable galego de Medio Rural, as Olimpíadas Rurais representan o “respecto pola tradición”, rescatando probas como carreiras de sacos, de zancos, carretilla, etc. que formaron parte da infancia de moitos galegos no rural.

A cita será entre o 28 e o 30 de xuño en Friol, onde se darán cita un máximo de 24 equipos. Os participantes terán que competir en probas diversas: desde lanzamento de lastro, escalada de cucaña ou carreiras de sacos, ata outras disciplinas populares, como o salto á corda e a carretilla. A programación completarase con oferta gastronómica e musical.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...