InicioPolíticaO PP ve un pago de "favores" a un cargo socialista a...

O PP ve un pago de “favores” a un cargo socialista a compra do castelo de Doiras pola Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP denuncia un “pago de favores políticos” na compra do castelo de Coira por parte do Concello de Cervantes cunha achega de 900.000 euros por parte da Deputación de Lugo, ambas as institucións lideradas polo PSOE. E é que a anterior propietaria do inmoble era a Fundación Xosé Soto de Fión, dirixida polo socialista José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Tras coñecerse o mércores o acordo entre a Deputación e o goberno de Cervantes, este xoves o PP emitiu un comunicado no que o portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, apunta a un pago de “favores políticos” por orde do candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro –tamén foi presidente da Deputación lucense– para “tentar acougar as augas” no partido no que respecta a Quiroga.

“O goberno de PSOE e BNG ten abandonado o patrimonio da Deputación de Lugo, pero inviste case un millón de euros na compra deste castelo sen saber a que se vai a destinar”, lamenta o dirixente popular, que se pregunta “cal é a finalidade” desta inxección orzamentaria ademais de “pagar apoios” nas filas socialistas.

Neste contexto, Ameijide lamenta que o goberno provincial, liderado polo socialista José Tomé, “diga que non ten diñeiro para arranxar estradas nin abrir as residencias comprometidas, pero si que o atopa para pagar un pelotazo inmobiliario dunha fundación dun cargo do PSOE”.

De feito, o PP denuncia que, nos últimos anos, a Fundación Xosé Soto de Fión recibiu máis de 400.000 euros da Deputación para o ecomuseo e castro de Arxeriz, que se suman aos 900.000 euros –repartidos en catro anualidades– para a adquisición do castelo de Doiras.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...