Home Lugo e contorna Lugo Localizan ao home de 40 anos que se atopaba desparecido desde antes de Noiteboa en Lugo

Localizan ao home de 40 anos que se atopaba desparecido desde antes de Noiteboa en Lugo

0
Localizan ao home de 40 anos que se atopaba desparecido desde antes de Noiteboa en Lugo
Home de 40 anos desaparecido en Lugo.. SOS DESAPARECIDOS

O home de 40 anos que se atopaba desaparecido en Lugo desde o pasado 22 de decembro foi localizado polos seus achegados, segundo informou este mércores SOS Desaparecidos. A Policía Nacional activou a finais de decembro o protocolo de procura para dar co paradoiro deste home cuxa desaparición fora denunciada polos seus familiares. A asociación SOS Desaparecidos comunicou a través das súas redes sociais a desactivación da alerta despois de que o home fose localizado.

+ posts