InicioSociedadeUnha vintena de vehículos denunciados noutra 'quedada' de 80 condutores na zona...

Unha vintena de vehículos denunciados noutra ‘quedada’ de 80 condutores na zona das Termas

O balance ofrecido este luns pola Policía Local recolle dous positivos por alcoholemia, cinco denuncias por condución neglixente, tres por condución temeraria, tres por non ter ITV, tres por saltarse un semáforo en vermello, dous por carencia de seguro e outras por irregularidades no coche.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo formulou unha vintena de denuncias contra os participantes noutra ‘quedada’ de vehículos na zona das Termas durante a madrugada do sábado que congregou a uns 80 condutores. Os axentes tiveron constancia desta convoctoria feita a través de redes sociais, a semellanza da rexistrada na capital luguesa o sábado 23 de decembro no aparcadoiro da Universidade, próximo ao Pazo Provincial de Deportes. Nesta ocasión, a policía estima que participaron na ‘quedada’ uns 80 vehículos que se deron cita nas Termas. Alí despregouse un dispositivo de coches patrullas e vehículos camuflados que formularon unha vintena de denuncias. 

O balance ofrecido este luns pola Policía Local recolle dous positivos por alcoholemia, cinco denuncias por condución neglixente, tres por condución temeraria, tres por non ter ITV, tres por saltarse un semáforo en vermello, dous por carencia de seguro e outras por irregularidades no coche.Ademais, na noite de fin de ano, o operativo especial detectou catro alcoholemias ao volante, unha constitutiva de delito penal ao alcanzar o 0,96 mg/l. Así mesmo, tamén foi denunciado un condutor que circulaba sen puntos no carné.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...